top of page
chopin-scores.jpg
Clases maxistrais / Conferencias Actividades Formativas

A Sociedade Filarmónica da Coruña realizará unha serie de masterclases, actividades formativas e conferencias durante a presente tempada 22/23, todas elas cun claro afán divulgativo e de achegar a música clásica tanto a novos públicos como ampliar a formación de mozos músicos galegos.

 

Despois do éxito das masterclases realizadas a pasada primavera, os nosos artistas volverán realizar sesións didácticas para os mozos músicos que se forman nos dous conservatorios da nosa cidade, o Conservatorio Superior e o Conservatorio Profesional. Todas estas actividades son gratuítas para os participantes e serán abertas ao público xeral atendendo aos aforos das salas onde se realicen. ​

 

Realizaremos tamén unha serie de charlas con grades personalidades da música clásica actual, tanto artistas como promotores, programadores e xornalistas que compartirán a súa experiencia con todos os nosos socios.

 

 

​Máis información... proximamente!

bottom of page